martes, 15 de maio de 2018

Os Nenos da Variola


Xerais (2017)

Desta volta, a autora achégase a una das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagoizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse héroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpos, brazo a brazo, levaron a vacina da variola a Amérca. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que una muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un papel determinante. A historia comeza en 1803. Na miseria dos orfanatos. Nun barco que poder ser tamén una tumba. Nun mar hostil e desapiadado. No medio dese universo cruel, a esperanza e un posible futuro. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libros, xa non o serán máis nunca. 

Premios ao mellor Libro Xuvenil:
  • Premio Fervenzas Literarias 2017 
  • Premio Gala do Libro 2018



Ningún comentario: