domingo, 15 de abril de 2007

USHA

María Reimóndez
Xerais, Vigo 2006
Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá. Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece.

9 comentarios:

Unknown dixo...

Usha é un libro moi bonito e gustoume moito. É un libro para a nosa idade.Especialmente gustoume polas aventuras e por que aprendin moitas cousas da India. Gustariame moito coñecer a autora.

Yerai dixo...

A min este libro pareceume moi bonito e moi entretido para ler cos teus amigos.Especialmente gustoume por as aventuras de Usha.

Unknown dixo...

O libro que acabo de ler trata dunha nena chamada Usha e ten 8 anos. Tivo que viaxar a India por causas de traballo da nai que traballaba nunha ONG. O libro volo recomendo porque aprendes moitas cousas da India, tédelo que ler.

Unknown dixo...

A min pareceme moi bonito e habia moitas emocións.

pobriños al cuadrado dixo...

O libro de Usha tata de unha nena de oito anos que se vai coa súa mai á India. Este libro paréceme moi entretido sobretodo na parte final, na que arréglanse todos os seus problemas. é un libro moi emociante e nós recomendañolo a toda a xente entre 10 e 13 anos, vale a pena amigos.

Unknown dixo...

A min o libro de Usha gustoume,pareceume entretido.Ainda que algunhas cousas enrolabanse un pouco.pero non está mal.

Anónimo dixo...

Usha é un libro moi bonito, con doses de aventura e é moi interesante. O que máis destaca deste libro son os coñecementos da autora sobre os costumes indios.
A nena protagonista, Usha, é unha nena normal e corriente, pero coas inquedanzas e preocupacións dun adulto. Iso tamén me gustou moito, porque esta nena podería ser calquera de nós, e iso agradecese.
Teño moitas ganas de coñecer á autora e facerlle algunhas preguntas sobre se haberá continuación do libro.
Tamén quero dicir que as personaxes son moi cribles e que teñen moitas "pinceladas", é dicir, que o seu carácter está reflexado en cada unha das palabras que din.
Doulle a miña noraboa á autora María Reimóndez.

Anónimo dixo...

A min este libro pareceume moi bonito , anque tamén é intrigante porque non desvela a identidade do pai e espero que María Reimóndez faga a continuación deste.

Anónimo dixo...

este libro gustounos moito,sobretodo porque nos deu a coñecer outras culturas e costumbres de outro pais como e a india.E unha historia moi emocionante,cremos que deberian publicar outro libro `para contarnos como remata esta bonita historia.