luns, 1 de decembro de 2008

Los Hombres que No Amaban a Las Mujeres


Stieg Larsson
Destino (2008)


Henrik Vanger recibe cada primeiro de novembro extrañas e anónimas flores prensadas dende os puntos máis lonxanos do mundo. Era o agasallo que solía facerlle a súa querida sobriña, desaparecida trinta anos atrás. Mikael Blomkvist, redactor da revista Millennium, adicada a destapar escuras tramas financieiras, recibe o encargo de Vanger de retomar unha investigación xa pechada pola policía. Un encargo nada habitual para Mikael que lle permitirá coñecer á enigmática Lisbeth Salander, unha muller con problemas de adaptación social, pero con extraordinarias e insólitas cualidades.

Este é o argumento dunha novela que é a crónica da guerra interna dunha familia, un fresco fascinante do crime e do castigo, de trampas financieiras, un entramado violento e ameazante entre o que sen embargo crece unha tenra e fráxil historia de amor. Unha historia de amor entre a que será a parella máis memorable da literatura criminal.


Máis información en:
Serie Larsson
El País
La Vanguardia

4 comentarios:

Unknown dixo...

Asesinatos,dinero,poder,corrupcion,violencia,sexo,enigmas,politica,grandes empresas,todos estos elementos mezclados correctamente nos dan como resultado esta gran novela negra en la que LARSSON,en el fondo,hace una feroz critica social a la sociedad sueca.

Maribel dixo...

Rematei o libro con ganas pero con presa, doume a impresión de que lle sobraban unhas trescentas páxinas. Máis que unha novela, pareceume unha reportaxe periodística, destripando entramados corruptos de política, familias, excesos.Poucas concesións á imaxinación d@ lector@. Centos de detalles minuciosas, moreas de descripcións de marcas de comidas, mobiliarios (como non, Ikea) incesantes nomes de rúas, números de autobuses, liñas de metro,roupa, que aos lectores/as suec@s lles pode aportar moito, pero non parece que supoñan moito na novela. Un xeito de narrar “frío”, como disque son en Suecia?.Todo moi aséptico- en canto á narración- a pesares da gravísima denuncia do que está a narrar. Aínda así, pareceume un impresionante retrato duns feitos que están a ocurrir nunca sociedade supostamente cun alto nivel de “civilización”. Con anos luz de diferencias, lembroume cando lin La Regenta. Pasar a carreiras as moitas páxinas descriptivas, tan detalladas e fieis á unha cidade, e buscar o “meollo” dunha historia que tira.

Rosi Rivera dixo...

A min gustoume moito,unha vez que conseguín pasar a primeira parte e cando me acostumei ó "ambiente sueco"(penso que estou máis afeita ó inglés ou americano do que creía).De feito cando cheguei á última folla,pensei que continuaba e quedeime como defraudada.Agradézovos a elección do 2º libro da saga,porque xa pensaba pedirlla ós Reis Magos!.

Loly dixo...

Un entramado de historias paralelas cheas de intriga, mentiras, reflexións morais e certa dose de violencia.
Unha crítica á sociedade sueca da doble moral.
Unha novela que me enganchou dende o principio (Maribel, malia chea de detalles minuciosos...) e que non puiden deixar ata rematala, a pesar de que cando albiscaba o final buscaba pretextos para alongalo. Vaia final...!!
Fantástica novela negra.