Edicións Obelisco (2004)
No París dos anos sesenta, un rapaz xudeo de 13 anos faise amigo do tendeiro árabe da rúa Azul. Pero as apariencias sempre son engañosas: O Sr. Ibrahim, o tendeiro, non é árabe, a rúa Azul non é azul e o rapaz pode non ser xudeo.
Un texto sinxelo e dunha humanidade conmovedoras. Fair ir, chorar… un pordixio. Unha visión noble e conciliadora da humanidade.
“Nun momento no que o mundo sofre máis que nunca a causa dos fanatismos de todo tipo e no que a relixión se converte en motivo de conquista, xurde un magnífico conto que reconcilia ao home consigo mesmo”
Un texto sinxelo e dunha humanidade conmovedoras. Fair ir, chorar… un pordixio. Unha visión noble e conciliadora da humanidade.
“Nun momento no que o mundo sofre máis que nunca a causa dos fanatismos de todo tipo e no que a relixión se converte en motivo de conquista, xurde un magnífico conto que reconcilia ao home consigo mesmo”
Nesta ocasión, este lote de libros chégannos dende o Club de Lectura do Fernando Esquío, con quen tamén estamos a disfrutar de fermosos momentos de lectura compartida.
Grazas Begoña e Loles, esperamos que esta fantástica experiencia continue.
5 comentarios:
É un libro diferente. Ti ves o comezo e só podes sorprenderte. A medida que avanzas descubres que non é un relato normal e corrente.
O neno enfréntase a situación que difícilmente se atoparían na realidade, como o de conducir un coche ós 13 anos ou ter a primeira relación sexual.
O final non o entendín demasiado ben... Teño que relelo.
O único malo que lle vexo é que se cadra é unha miga breve.
A min este libro gustoume moito, a pesar de que ALGUNS din que ten un empezo moi forte.Para min é un dos libros que máis me gustou.
Ademáis ten unha película que seguramente estará tan ben coma o libro.
Grazas de novo aos membros do outro club de lectura por prestarnos os libros.
A min este libro encantoume aínda que o comezo é extraño para un libro, dende o meu punto de vista. Tamén pode resultar sorprendente que un ancián e un neno de trece anos se levan tan ben como se fosen dous amigos adolescentes. O triste é que o neno se sinta abandonada e que teña que recurir a prostitutas para que alguén lle dea algo de cariño, aínda que non sexa gratis. Tamén é triste cando o pai de Momó se suicida e cando morre o señor Ibrahim. Repito que a mis este libro encantoume e o recomendo.
Foi un libro moi distinto os outros que lin, xa que conta unha historia nada común. O libro trata sobre a vida dun rapaz duns trece anos chamado Moisés que vive nunha casa co seu pai. Este rapaz é xudeu. Ten un comezo un pouco estraño e sorprendente, pero a medida que vas lendo o libro entras nun universo máxico distinto a realidade. O señor Ibrahím un ancián musulmán fai un achagamento das culturas e unha forma diferente de ver a vida.
Foi un dos mellores libros que limos ata agora.
Este libro que acabamos de ler no club de lectura gustoume moito. É un libro que vos recomendo ler a todos.Trata dun neno de trece anos que se vai de prostitutas, vai porque necesita cariño xa que o seu pai non llo da, a súa nai marchouse da casa e viveu unha situación moi difícil.
O rapaz coñeceu a un señor musulmán do que se fixo moi amigo a pesar da diferenza de idade e de culturas. Eles viaxaron ao redor do mundo xa que ían ir ao lugar onde naceu o señor Ibrahím.
Publicar un comentario