Xerais (2008)
Wotan, o Demo Negro ou Señor do Inframundo, tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas e unha negrume inescrutábel ocupaba o baleiro que ía deixando. Nas noites de invernía saía de caza, dacabalo, coa compaña dos seus cadelos diabólicos, zugadores de sangue, que perseguían e degoaban canto atopaban. Mais, foi Ricardo Ferreiro, o rapazolo da aldea de Marselle que salvou o pelello por dúas veces, quen foi designado para ser o elixido. Cando regresou ao País do Vento, despois do seu longo exilio na Illa de Dona Escura do Mar Tenebroso, conseguiu cos poderes e artes alí adquiridos acabar con Wotan e pór fin a súa tiranía, que asolaba vilas e aldeas, aínda a custa de pagar un prezo altísimo por semellante afouteza. Novela de terror, misterio, bruxaría e fantasía, enfiada coa prosa primorosa das narracións populares dos vellos violinistas, Cazaría salvaxe non deixa alento ao lector até a súa derradeira páxina.
4 comentarios:
É un libro moi lioso, con un vocabulario bastate dificil, pero se entende.
Este libro, a pesar de que non lin moito( perdíno) do que lín pareceume moi lioso.E de este tipo de libro sen espacio e sen nome polos capítulos, e é máis complicados que os demais.
Aínda así ten un argumento bastante bo
Este libro gustoume moito aínda que ao principio é un pouco aburrido pero cerca do final póñese moi interesante. Tamén é un pouco lioso.
Eu este libro recoméndoo por que é moi interesante. A min a parte que máis me gustou foi cando Ricardo vai na busca do invocador de Wotan (Tucho)e consegue acabar con el e romper o maléfico pacto que tiña con Wotan.
Eu este libro recoméndoo porQ me gustou moito.
Non sei moi ben como comezar a facer o comentario do libro.
Teño que recoñecer que pareceume un libro díficil, de díficil vocabulario e comprensión. Tamén teño que dicir, que non lle prestei o tempo suficiente xa que o perdín e tiven que lerme cases todo nun día. Creo que lle puxen unha etiqueta de ser un libro malo dende o principio e entón non o puiden comprender en todos os seus aspectos. Agora estou na páxina 76 e bueno ainda que me sinta algo perdida lendoo e non saipa moi ben quen e quen bou collendo o fío da historia e comprenda que son relatos curtos, que están relacionados coa fantasía o misterio e o terror.
Publicar un comentario