Seix Barral (2008)
Charles Balanda ten 46 anos. Home de familia e arquitecto de éxito, pasa as horas entre avións e aeroportos, pero un día recibe a noticia da morte de Anouk, unha muller á que amou durante a súa infancia e adolescencia, e os cementos sobre os que tiña construido a súa vida comezan a resquebraxarse. Será a lembranza de Anouk, unha persoa tremendamente especial que non soupo nin puido vivir como o resto do mundo, o que lle impulsará a dar un xiro radical e cambiar o seu destiño.
Desbordante e chea de humor, El Consuelo é unha grande historia de amor, pero aquí o amor non é só a atración entre dúas persoas, senón a gran resposta á pregunta se a vida merece a pena.
El Consuelo é un himno á esperanza e ás segundas oportunidades.
Entrevista á autora en El País
Entrevista á autora en El Periódico
A arquitectura de Ana Gavalda por Mª Aixa Sanz
Entrevista a Ana Gavalda en Radio Barullo
O Club de Lectura O Segrel vai compartir a lectura da novela de Gavalda co Club de Lectura Ars Legendi que xenerosamente nos fixo chegar varios exemplares. Unha fermosa experiencia de lecturas compartidas que comezou este curso e esperamos continúe nos vindeiros...
3 comentarios:
A primeira parte deste libro fíxome tolear,nunca pensei rematalo.¿Onde está o consuelo aquí?...Se non se suicida xa,doulle eu xa un empuxonciño...e
consólome eu polo menos!
Pero todo cambia cando comeza a falar Silvia;é unha novela diferente e faite sentir que sí pode haber uha esperanza,un consuelo.¡Bicos a todos e feliz fin de curso!
"Consolado quedei cando rematei o libro".
Suxerencias:
Non ler as primeiras 400 paxinas preto dunha fiestra aberta nin do lume da chimenea do salón.
Pode que “un algo” lieiro e lento, moi lento, pero gustoume. Fala de sentimentos, dúbidas, decisións e indecisións. O protagonista masculino semella un caos de sentimentos e lembranzas incapaz de solventar (familiares, matrimoniais, amizades...), cheo de infelicidade e insatisfacción cando aparenta telo todo. Papel que maioritariamente se nos achaca na literatura ( e na realidade) ao xénero feminino. Tal vez por iso me gustou. É un punto de vista diferente. E hai gat@s!!!
Publicar un comentario