lunes, 30 de noviembre de 2009

Un Loto en la Nieve

Gonzalo Moure

Edelvives (2008)


Marcos, un mozo a quen o seu pai está a iniciar na escalada, sálvalle a vida a un alpinista suizo nos Picos de Europa; así e todo, o vínculo entre ambos os dous nacera anos atrás, nas misteriosas rexións espirituais do Tíbet.
A través das lembranzas de Von Arx, revivimos a súa primeira visita ao país das neves, xa baixo dominio chinés e, sobre todo, logramos afondar na vida dun cativo khampa, tan varudo e tan sólido coma un loto na neve. Esta novela transporta ao lector aos cumios máis altos do mundo e ás fonduras máis íntimas do corazón humano.
Blog do autor


Nesta ocasión, tras a lectura de "Un loto na neve" e como despedida do ano, na última reunión do Club de Lectura organizamos un "cine palomitas" onde disfrutamos da película "Siete anos en le Tibet".

A película cóntanos a verdadeira historia de Heinrich Harrer, un montañeiro australian que se fixo amigo do Dalai Lama, naquel tempo aínda un neno, cando a China invadiu o Tibet.

6 comentarios:

Diego dijo...

Me ha parecido un buen libro.
Aprendes la cultura Tibetana.
Yo he aprendido a tocar el cuenco tibetano y mola.

Laura López dijo...

O libro de " Un loto en la nieve " xa o lera fai un ano na clase de lingua castelá. O principio pensei que sería un dos moitos libros aburridos que nos mandan leer na escola, pero non foi así. Este libro foi diferente.
Os relatos de Marquiños, nos tranladaron a un ambiente completamente diferente do que vivimos, como son os cumes máis altos e sorprendentes do mundo.

Con este libro non so aprendemos a cultura tibetana, tan preto e tan lonxe da nosa, senón que tamén aprendemos a ser valentes fronte as tempestades, e nunca mellor dito...

Marcos, seu pai e Von Arx acércannos ao Tíbet, á súa cultura, á súa xente, ao dominio chinés e a tantas outras cousas que nos fan sentir máis preto dun lugar que está a miles de quilómetros da nosa casa.

Na escola, tamén quixemos sentir un pouco máis preto este país, e por iso a nosa mestra trouxonos as vestimentas de esta zona e tamén ensinounos a tocar o cuenco tibetano e a parte de moitos outros divertimentos interesantes para aprender cousas. Amosounos unha chea de fotos pertencentes ás montañas máis altas e espectaculares do noso mundo, xentes, tradicións...

silvia dijo...

O libro gustoume bastante. As aventuras que contaban me gustaron moito.
As actividades que fixemos tamén me gustaron moito.Ver as fotos, a película, os obxetos que antes non coñecía. Por exemplo o cuenco tibetano, o molinillo das oracións, o sari, os libros, as xoias...

Leo xD dijo...

Este libro, ya me lo había leído antes, pero me gustó tanto, que aunque lo lea varias veces, uno no se cansa, aunque el final, ya no me gusta tanto repetirlo, aún así, os lo recomiendo, incluso a los que lo hayais leído, para ver y comprender, aquellas cosas que no fueron capaces de entenderse en determinados momentos.

Laura López dijo...

O libro de " Un loto en la nieve " xa o lera fai un ano na clase de lingua castelá. O principio pensei que sería un dos moitos libros aburridos que nos mandan leer na escola, pero non foi así. Este libro foi diferente.
Os relatos de Marquiños, nos tranladaron a un ambiente completamente diferente do que vivimos, como son os cumes máis altos e sorprendentes do mundo.

Con este libro non so aprendemos a cultura tibetana, tan preto e tan lonxe da nosa, senón que tamén aprendemos a ser valentes fronte as tempestades, e nunca mellor dito...

Marcos, seu pai e Von Arx acércannos ao Tíbet, á súa cultura, á súa xente, ao dominio chinés e a tantas outras cousas que nos fan sentir máis preto dun lugar que está a miles de quilómetros da nosa casa.

Na escola, tamén quixemos sentir un pouco máis preto este país, e por iso a nosa mestra trouxonos as vestimentas de esta zona e tamén ensinounos a tocar o cuenco tibetano e a parte de moitos outros divertimentos interesantes para aprender cousas. Amosounos unha chea de fotos pertencentes ás montañas máis altas e espectaculares do noso mundo, xentes, tradicións...

Aldara dijo...

este foi o libro que máis me gustou de todos os que lemos ate o de agora no club.