luns, 25 de xaneiro de 2010

O Diario da Outra Maniática

Ann McPherson

Aidan Macfarlane


Xerais (2001)

Susie, unha rapaza de 16 anos, escribe o seu diario íntimo, seguindo ó seu irmán Peter Payne, autor do Novo diario dun xove maniático. Desde o seu punto de vista feminino, Susie escribe sobre o sexo, o amor, anorexia, febres glandulares, depresión, morte, SIDA, dietas, exames, anticoncepción, divorcio, vermes, estrés, piollos e moitas cousas máis. No diario inclúe recortes, folletos, cartas e fragmentos de xornais e revistas sobre problemas que lle preocupan, anotacións das aventuras de Pete e doutros acontecementos, bos e malos, da súa vida familiar.

10 comentarios:

Aldara dixo...

Este libro gustoume moito, os temas dos que fala están moi ben, aínda que houbo algunha parte que se me fixo un pouco pesada coma a información, as cartas en francés, ect.

silvia dixo...

Este libro gustoume bastante, porque gústame que fale da súa vida día a día. Que fale da súa experiencia cos exames, en Francia, do divorcio, a anorexia...

Laura López dixo...

"O Diario da Outra Maniática", é un libro interesante cheo de problemas adolescentes e non tan adolescentes.
Unha rapaza contanos a súa vida, os seus ploblemas, os seus amores, os seus viaxes, a súa familia...
Son unha chea de cousas interesantes que a todos nos teñen que importar, porque tarde ou cedo pasaremos por elas.
Soamente limos a primeira parte, pero xa imos sabendo o que ocorrerá nas seguintes, moitos máis problemas, que con este diario, saberemos da nosa xove protagonista Susie.

Leonardo dixo...

Este libro, no es que me haya encantado, tampoco lo acabamos de leer, pero de momento...
Con otros libros, a veces me identifico con el personaje, esta vez, no, pienso que casi es "para pasar el rato"
Habrá otras personas a las que le guste, pero a mi no me emociona, no me invita a seguir leyendo.
Es mi opinión...

Jose Carlos dixo...

Paréceme un libro para reflexionar máis que para ler. Na miña opinión é un libro bastante malo pra ler cando o que queres é entreterte e pasalo ben pois faise realmente pesado.

966 dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Leonardo dixo...

La verdad...No sé que decir sobre este libro, tiene cosas que bueno, no me gustaron mucho, y otras que estaban bastante bien, si le tuviera que poner una nota, le pondría un 5...

Diego dixo...

A min especialmente non me gustou absolutamente nada este libro. QUE LLE QUERES? Ainda asi este é un libro dun tema moi serio.Incomodo,pero serio.(Incomodo para min)Eu non o recomendo pero esta é unha opinion coma qalquera otra.

Laura López dixo...

A segunda parte do libro gustoume aínda máis. Neste apartado, Susie fala máis dos seus veradeiros sentimentos. O que sinte cando está cun rapaz, o que é para ela o amor, e o que significa dar o paso.
Nesta parte tamén fala máis da súa familia, as viaxes que fai con ela, e tamén o moito que pode botar de menos o seu irmán cando este vaise estudar a Inglaterra.
Neste apartado, fala moito sobre o significado da morte, e o que significa vivir sen unha persoa á que tanto queres.
Contanos moito sobre o Sida, unha das maiores enfermidades do século XXI, e neste libro cobra moito protagonismo, xa que a rapaza nos mostra cuestionarios sobre a enfermidade.
En difinitiva, o máis importante é que a través deste libro podes reflexionar sobre esas cousas que che pasaron ou que tanto che preocupan, xa que "O diario da outra Maniática" contanos moi ben como pasalas da mellor forma posible.

966 dixo...

Parece ser que a xefa de estudos nos esté mandando unhas indirectas... Non é que sea brillante, o considero un libro máis do montón, como un deses que pasan desapercibidos nas estanterías das librarías. Aínda que non deixa de ser interesante ver qué perspectiva lle pon alguén á adolescencia.
Un pasatempo, para liberar a mente temporalmente dunha tarde aburrida.