domingo, 24 de outubro de 2010

O Home que Prantaba Árbores


Ilustrador: Jacobo Fernández

Tradutora: Ánxela Gracián

Galaxia (2009)

Un libro que fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra e a todo o que dela pode agromar fala esta pequena grande obra mestra da literatura do século XX.



Podedes escoitar a narración gravada en 1993 por Lara López acompañada polo saxo soprano de Paul Winter Consort




Ou ver a curtametraxe dirixida por Frédéric Back pola que gañou un Óscar á mellor curta de animación en 1987


2011 Ano Internacional dos Bosques

Situación dos Bosques no Mundo

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Foi un libro moi bonito, gustoume moito.
Polo que me contaron, a persoa non é real, pero danos moito do que pensar.
Ensínanos o que podemos chegar a pacer se nos poñemos a eso, con esperanza. E sendo feliz. Sen facer dano a nadie.
Se o puntuara sobre 10, daríalle un nove. Admito que ao mellor se metían moito no tema e hai partes que non comprendín moi ben. Tamén...se esaxerou un pouco.
Pero polo resto, fantástico.

letty dixo...

Este libro paréceume moi interesante.
O home do que fala o libro paréceme unha persoa formidable porque non todo o mundo faria eso sen un beneficio propio.
Paréceme a mellor forma de vivir.

Anónimo dixo...

O home deste libro, buscaba sen dúbida unha nova razón para levantarse da cama polas mañás. Comezou a plantar árbores, e ahí atoupuo a razón que buscaba. Isto foi interpretado pola xente coma un acto de xenerosidade.

Javier Trigo dixo...

Este libro gustoume moito. A parte que maás me gustou foi cando a persoa mallor reconstruiu os terreos con árbores.

Diego dixo...

A min gustoume moito.

Miriam dixo...

Este libro é moi precioso.Ainda qe non é realidade.