Galaxia (2010)
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.
Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria
Premio Brigada 21 de novela negra
Autor do ano pola revista Fervenzas Literarias
Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria
Premio Brigada 21 de novela negra
Autor do ano pola revista Fervenzas Literarias
Entrevista a Domingo Villar en Radio Barullo, a nosa Radio Escolar.
Invitámosvos a percorrer os escenarios onde se desenvolve esta fantástica novela guiados, como xa fixemos con "Ollos de auga", por "a lei de Lem" e, por suposto, disfrutade da súa banda sonora coas marabillosas voces de Barbara Bonny e Louis Armstrong, entre outros...

Artistas galegos na novela:
Xosé Telmo Lodeiro
Xavier Pousa
1 comentario:
Percorrer con Leo Caldas os escenarios das súas investigacións, da súa andaina diaria, leva a intimar con este personaxe, este inspector tan tenramente humano. Con espazos para a reflexión e espazos para o humor (ese aragonés que segue a desesperar, eses paisanos que o sacan de quicio), con chiscadelas á cultura propia, á música, á literatura (o poeta Oroza, premiado en New York e case descoñecido aquí, frecuentando a mesma tasca que Leo). Unha lectura amena, ben construída, que me enganchou dende o comenzo e me levou coma un paseo ate o remate, curiosamente sen un ansia tola por rematar, como adoita ocurrirme coa novela negra para saber quen é @ culpábel.
Publicar un comentario