sábado, 29 de xaneiro de 2011

El Frío Modifica la Trayectoria de los Peces

Pierre Szalowski


Grijalbo (2009)

Algún Nadal é inesquecible. E o de 1998 en Quebec sempre será lembrado por un neno que naquel momento tiña 11 anos. Foi entonces cando os seus pais lle anunciaron que ían separarse. Nunca pensara que algo así podería terlle pasado a el e enfadouse e chorou como nunca antes. E berroulle ao ceo: "axúdame", pero el era tan pequeno, e o ceo tan grande... Sen embargo, aquela noite desatouse a peor tormenta que Quebec coñecera xamais.

Aquela tormenta marcaría a súa vida e a dos seus veciños, porque as situacións extraordinarias fan que as cousas se vexan dun xeito diferente. E na pequena comunidade sumida baixo o manto do xeo floreceron relacións inesperadas e algunhas persoas lembraron sentimentos que tiñas esquecidos.

"El frío modifica la trayectoria de los peces" e unha novela entrañable e divertida. Un lectura que reconforta, coa que o seu autor irrompe no mundo literario como un verdadeiro sopro de aire fresco e cuxa orixinalidade e inesquecibles personaxes quedarán gravados na memoria do lector durante moito tempo.





leer en el libro



Dentro del Libro


Presentación da Novela, a súa música e as súas paisaxes...


3 comentarios:

DERSU dixo...

Non puiden asistir á reunión pero gustaríame comentar un dos libros que mais me gustou ler da selección deste ano (xunto con A elegancia do ourizo e Xuntos e nada mais). É una historia positiva que ata podería ser un libro de autoaxuda. A soidade, a autocompaixón, a falta de amor propio, a falta de comunicación, a infelicidade.. todas estas chorradas que nos afectan a todos pódense tornar en algo positivo se paras un intre, miras ó teu redor e te comunicas cós outros. A excusa do libro (a gran nevada que os xunta) podería ser calquer cousa pero tamén é triste pensar que só cando ocorre unha "desgracia" é cando falamos coas persoas ás que nin miramos o resto da nosa vida. Gustoume moito tamén a similitude entre as persoas e o comportamento dos peixes. Podería comentar algo sobre cada unha das personaxes pero... Poderíame levar horas. Se podo ir a algunha outra reunión, xa comentarei algo.
Saúdos.

Maribel dixo...

Un libro ameno, de lectura moi áxil e sen complicacións, que toca con pinceladas de ironía (retranca?) temas e preocupacións da sociedade actual sen afondar en ningunha, xa que coido que non é esa a pretensión do autor. Adolescencia, amor e desamor, homofobia, soedade...

Rosi Rivera dixo...

Comparto a idea de que semella moito un libro de autoaxuda e que é ameno..vamos que está ben!.A min paréceme máis un conto para nenos/adultos en versión moderna,coa súa moralexa incluida.