sábado, 12 de mayo de 2012

Cousas

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Galaxia

Cousas é unha colección de coarenta e cinco relatos satíricos breves onde Castelao presenta, de xeito moi crítico, a Galicia da época e faino cun estilo breve, conciso, sen pararse en descripcións típico do autor.

En todas as Cousas hai unha ilustración do propio autor que acompaña o texto. Debuxo e texto compleméntanse entre si neste xénero narrativo propio de Castelao, unha das xoias da literatura galega.




1 comentario:

Maribel dijo...

Lin "Cousas" da man do meu pai, cando non tiña idade suficiente para comprendelo en profundidade.Entón aínda non sabía que o meu avó fora "paseado" e asasinado por defender o goberno legal da república.Porque o meu pai seguía tendo "precaucións".Lino outra vez en idade universitaria, e crin entender (afouteza da mocidade) o que de pequena non entendín.Voltei varias veces á lectura esporádica e en anacos desta obra.E sempre me sorprendeu algo novo nela. Desta volta, supostamente con máis experiencia (e non só lectora) segue a impresionarme a escrita deste autor nunha obra tan aparentemente-e só aparentemente- sinxela.