domingo, 4 de febreiro de 2018

La historia Interminable

https://www.biografiasyvidas.com/biografia/e/ende.htmMichael Ende

Alfaguara

A historia interminable, narra a historia de Bastián Baltasar Bux, un neno de once anos que debe salvar un reino, o da Fantasía. O único xeito de facelo é darlle un novo nome á Emperatriz, ou o que é o mesmo, non permitir que os homes a esquezan. O mundo dos humanos e Fantasía enlázanse, dun xeito indivisibel, de tal modo que o futuro dun determinará o destino do outro. Si Fantasía desaparece, con ela iranse todos os nosos soños e ilusións, reinará a mentira e ambos mundos serán destruídos.  Bastián, un neno con poucas cualidades físicas, entra un día chuvioso á librería do señor Koreandes; aí atopan un libro que lle chama moito a atención, Na portada existe un gravado de dúas serpes una clara e outra escura entrelazadas formando un ovalo, dentro do que se pode ler "A historia interminable".

Bastián lévase o libro e comeza a lelo no faiado da escola. O libro chamárao de xeito misterios, porque quería ser del, porque en realidade pertencéralle sempre.



Ningún comentario: