TusQuets (2016)
O día en que ETA anuncia o abandono das armas, Bittori diríxese ao cemiterio para contarlle á tumba do seu marido o Txato, asesinado polos terroristas, que ten decidido voltar á casa onde viviron. Poderá convivir con quen a acosou antes e despois do atentado que trastocou a súa vida e a da súa familia? Poderá saber quen foi o encapuchado que un día chuvioso matou ao seu marido, cando volvía da súa empresa de transportes? Por máis que chegue a escondidas, a presencia de Bittori alterará a falsa tranquilidade do pobo, sobre todo o da súa veciña Miren, amiga íntima noutro tempo, e nai de Jose Mari, un terrorista encadeado e sospeitoso dos peores temores de Bittori. Que pasou entre esas dúas mulleres Que envelenou a vida dos seus fillos e os seus maridos tan unidos no pasado? Cos seus desgarros disimulados e as súas coviccións inquebrantables, coas súas feridas e sa súas valentías, a historia incandescente das súas vidas antes e despois do cráter que foi a norte do Txato, nos fala da imposibilidade de esquecer e da necesidade de perdón nunha comunidade rota polo fanatismo político.
- Premio Francisco Umbral de Novela
Ningún comentario:
Publicar un comentario