xoves, 5 de novembro de 2009

O Club da Calceta

María Reimóndez

Xerais (2006)


Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora.

Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen lle de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora de O Club da Calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.


Implicadas no Desenvolvemento ONG fundada pola autora.

Blog de Implicadas no Desenvolvemento

Entrevista a María Reimóndez en Noticias en Positivo.

3 comentarios:

Inma dixo...

E un libro no que seguro que si eres muller te veras nalgunhas cousas reflexada nel,a min gustoume del todo ,de facil lectura e si o empezas a ler querás saber o final,bueno para ser sincera custoume un pouco leelo xa que a min ler en galego costame algo,bicos.

Unknown dixo...

A pesar de ter o mismo problema que Inma á hora de ler en galego, penso que o libro leese con facilidade xa que a Autora narranos as distintas historias dun xeito sinxelo e de fácil comprensión.
Ben pola Autora por achegarnos a tomar conciencia e reflexionar na problemática do machismo e malos tratos que sofren as mulleres.

xarela dixo...

O título resulta moi acaído, xa que as historias das protagonistas vanse mesturando como nunha labor de calceta, punto a punto a partires de novelos diferentes. Resultoume moi tenra a historia da Tía Davinia, aparentemente sen “substancia” nin relevancia ao comenzo da novela. Un fino sentido de humor que non resta dramatismo a cada unha das historias. Cecais un pouco drásticos os “accidentes” cos que comenza a obra. Pero a novela negra non crea conflictos de conciencia, por que esta si?