venres, 15 de maio de 2015

La Casa de la Linterna

Carlos de Castro

Espino Alvar

Melchor Abreira é un galego que fixo fortuna na Arxentina, no negocio de exportación de carne. Constrúe unha casa na súa terra natal (a chamada Casa Grande ou Casa da Linterna), na que se alonxa Azaña cando ven á vila a fundar o partido Esquerda Republicana. Ao producirse o levantamento do 36, Melchor Abreira morre coa súa dona en madrid, nun bombardeo. O seu único fillo, Luis Abriera, biólogo que ía casar coa filla do reloxeiro Daniel Lobato, presidente do partido de Esquerda Republicana de Pontedeume, agóchase na casa. É un máis dos moitos fuxidos que se agochan nas súas propias casas ou que se botan ao monte.

A novela comeza cando, oito anos despois, é asesinado Custodio Lázaro, un carboeiro que axudaba a Luis a sobrevivir na casa, ao intentar poñerse en contacto cos refuxiados no bosque; e Luis é descuberto gravemente enfermo por dous rapaces, de 14 anos, da localidade: Eduardo mata, fillo do médico Servando Mata e Miguel Torres, fillo do recén chegado Xefe de Estación da Renfe. Que facer? Axudalo? Denuncialo? Decirllo aos seus pais?. Tendo como punto de patida este dilema, os rapaces van descobrindo, a medida que seguen coas súas vidas de adolescentes, unhanova realidade que descoñecían, da que ninguén lles tiña falado e sobre a que na vila se establecera un tácito pacto de silenzo: a realidade da sublevación, a represión posterior e a sórdida loita que mantén a Garda Civil cos fuxidos.

Entrevista co autor

1 comentario:

Inma dixo...

Gustoume o libro e debe de ser porque coñezo a zona pero segun o estaba lendo era como si fose recorendo eu os camiños,a intriga do que lles podia pasar os nenos,en xeral gustoume todo el.Xa me tarda o día para poder escoitar a Carlos